Ciclo de conversas «Entre afectos e resistencias» Feminismos, diversidade e alianzas transgresoras

3, 10 e 20 de decembro de 2025 na Coruña


Dende AKAFEM lanzamos este ciclo de faladoiros públicos para pensar, sentir e debater arredor das novas linguaxes políticas do afecto, a diversidade sexual e de xénero, as alianzas transformadoras e as resistencias aos discursos de odio e ao patriarcado.

Entre afectos e resistencias é unha proposta que mestura pensamento crítico, experiencia situada e voces recoñecidas do ámbito estatal e galego. Un espazo para desaprender privilexios, crear novos imaxinarios e construír comunidades afectivas e disidentes.


📚 Mércores 3 de decembro – 18:00h

Lucas Platero presenta o libro:
“Me insultan y yo les tiro un beso. Infancias y adolescencias LGTBIQA+”
Acompaña: Cristina Palacios, xerente de ARELAS
📍 Circo de Artesáns (Rúa San Andrés, 36)

Haberá libros á venda


🗺️ Mércores 10 de decembro – 20:00h

Clara Serra e Carme Adán
“Cartografías do consentimento: corpo, experiencia e loitas”
📍 Circo de Artesáns (Rúa San Andrés, 36)

Haberá libros á venda


💜 Sábado 20 de decembro – 18:30h

Roy Galán e David Bruzos
“Afectos contra o poder: conversas sobre masculinidades en tránsito”
📍 A Revolteira (Rúa Falperra, 13)


Publicaciones Similares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *