🎥 Xa dispoñibles os vídeos do ciclo «Entre afectos e resistencias. Feminismos, diversidade e alianzas transgresoras»

No pasado mes de decembro de 2025, desde AKAFEM organizamos na Coruña o ciclo de faladoiros Entre afectos e resistencias, un espazo pensado para abrir conversas necesarias arredor das políticas do corpo, o consentimento, as identidades disidentes, as masculinidades en transformación e a construción de alianzas afectivas e críticas.
Hoxe queremos compartir convosco os vídeos completos das tres conversas, xa dispoñibles na nosa canle de YouTube. Estes contidos forman parte da nosa aposta por construír pensamento feminista desde abaixo, coa vontade de que poidan ser útiles en espazos educativos, activistas ou comunitarios.
📺 Lucas Platero conversa con Cristina Palacios (ARELAS)
📘 A partir do libro de Lucas Platero «Me insultan y yo les tiro un beso. Infancias y adolescencias LGTBIQA+« abordan os desafíos da adolescencia disidente e a violencia lgtbfóbica, poñendo en valor os afectos e a loita colectiva.
▶️ Ver vídeo AQUÍ
🗺️ Clara Serra conversa con Carme Adán
“Cartografías do consentimento: corpo, experiencia e loitas”
Un diálogo filosófico e feminista sobre o consentimento, o corpo, a experiencia e as súas dimensións políticas e éticas. Unha conversa entre pensamento crítico e vivencia situada.
▶️ Ver vídeo AQUÍ
👥 Roy Galán conversa con David Bruzos
«Afectos contra o poder: conversa sobre masculinidades en tránsito»
Un encontro entre masculinidades aliadas que falan de privilexios, afectos, coidados e desaprendizaxe. Unha chamada a repensar o masculino desde a vulnerabilidade e o compromiso.
▶️ Ver vídeo AQUÍ
Todas as conversas foron gravadas en aberto para garantir o seu acceso libre e facilitar a súa reutilización. Animámosvos a ver, compartir, comentar e empregar estes contidos como ferramenta política, educativa e transformadora.
Grazas ao Concello da Coruña, Andaina, Circo de Artesáns, A Revolteira e Berbiriana pola súa colaboración neste proxecto. Grazas tamén ás poñentes e activistas galegas que fixeron posíbel estes encontros.

